José Ignacio Zubeldia Zaldúa
Zubeldia | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Ignacio Zubeldia Zaldúa | ||
Nacemento | 12 de xaneiro de 1925 | ||
Lugar de nacemento | Donostia | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1945-1946 | Hércules CF | 14 | (2) |
1947–1950 | Celta de Vigo | 28 | (6) |
1950-1952 | Real Zaragoza | ||
1953-1954 | CA Osasuna | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Ignacio Zubeldia Zaldúa, nado en Donostia o 12 de xaneiro de 1925, é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou en Primeira División co Hércules CF na tempada 1945/46 e un ano despois ficha polo Celta de Vigo tras conseguir a carta de liberdade.
Debutou co Celta o 28 de setembro de 1947 fronte ao Real Oviedo con vitoria celeste por 1-2. Esa primeira tempada, na que Zubeldia disputou 17 encontros, o equipo rematou o campionato ligueiro na cuarta praza e chegou ata a final da Copa do Rei, encontro que perdeu ante o Sevilla FC.
Trala marcha do adestrador Ricardo Zamora Zubeldia foi perdendo protagonismo no equipo ata a súa última tempada no equipo, a 1949/50 na que so xogou dous encontros.
Na tempada 1950/51 foi traspasado ao Real Zaragoza por 250.000 pesetas. Co club maño conseguiu o ascenso a Primeira División ao ano seguinte. Finalmente aínda puido xogar en primeira división no CA Osasuna na tempada 1953/54.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Berto V. T. (30 de setembro de 2012). "José Ignacio Zubeldia". Yo jugué en el Celta (en castelán).